Orixe

Fonte da costa baixa,

auga da escura terra,

a túa branda codia

sabe a isa promesa

dun mundo transparente

feita en verbas espesas.

Fonte de caño ruín,

¡berce da miña mesa!

que, co golpear do ferro,

como arrolo da serea,

trae a perdición ós ollos

cando a preguiza esperta.

 

Túa alma é clara e fría,

cheira a metas e a penas

que nesta, a túa pía,

baleirou a xente da aldea.

Túa carne é crúa pel,

¡sabe a metal e a festa!

cando unha moza agarda

sentadiña nas pedras.

 

Tumba de pedra verde,

cadaleito da serea,

camposanto que gardas

preguntas nunca feitas,

onde conta as miserias

a xente desta terra.

Axoúxere oxidado

para o laio da doncela,

sepulcro dos amores,

¡orixe da nosa aldea!.

 

Fonte da alta terra xen,

tumba de toda pena,

berce desta riqueza,

garante do noso ben.

¡Cando beber me vexas

non llo digas a ninguén!.

Deja un comentario